Pequenas Solucións

#PequeñasSoluciones

Carreira Virtual Solidaria

Invitámoste a unirte ao Retp #PequeñasSoluciones, a prol da inmunización de nenos e nenas en todo o mundo.

Hai grandes problemas como a polio ou o sarampelo que teñen solucións tan pequenas como as vacinas, coas que se salvan entre 2 e 3 millóns de vidas cada ano.

As vacinas son a solución máis eficaz, sinxela e económica para garantir a supervivencia dos nenos e das nenas en todo o mundo. Pero aínda queda moito traballo por facer, e en UNICEF necesitamos máis apoios e máis recursos para chegar a todos eles con vacinas que salvan vidas. Axúdasnos?

Cada minuto, 5 nenos poden sobrevivir grazas ás vacinas. Súmate ao Reto #PequeñasSoluciones, os donativos da carreira virtual solidaria irán destinados a proporcionar vacinas para que todos os nenos e nenas estean vacinados e protexidos.

  

UNICEF

En UNICEF traballamos para que todos os nenos estean vacinados, estean protexidos.

Por iso, nos últimos anos, logramos vacinar a case a metade dos nenos do mundo. Impulsando a vacinación en calquera circunstancia.

Chegando onde ninguén chega, a máis países, no medio de guerras ou catástrofes naturais, cruzando desertos, montañas, ata chegar ao pobo máis remoto onde nos poidan necesitar.

E non pararemos ata que todos os nenos e nenas do mundo estean vacinados, estean protexidos.

Descrición

Que é o Reto #PequeñasSoluciones?

É a carreira virtual solidaria organizada por UNICEF, onde animamos a todas as persoas a participar a prol da inmunización da infancia en todo o mundo.

As vacinas son o instrumento máis seguro e efectivo para previr brotes de enfermidades perigosas; pero no 2019, 14 millóns de nenos non recibiron ningunha. Por iso, desde UNICEF, non pararemos ata chegar a cada neno e cada nena con vacinas que salvan vidas.

Convidámoste a que nos acompañes neste camiño e te unas ao Reto #PequeñasSoluciones, unha carreira virtual solidaria onde os participantes poden correr, camiñar, ir en bicicleta, nadar… e doar para que eses quilómetros se transformen en vacinas que protexerán a vida de miles de nenos e de nenas.

As vacinas son a solución máis eficaz, sinxela e económica para a supervivencia dos nenos. E é que algo que cabe nun frasco tan pequeno, salva entre 2 e 3 millóns de vidas cada ano.

Cada minuto, 5 nenos poden sobrevivir grazas ás vacinas. Por eso a túa participación no Reto #PequeñasSoluciones, é tan importante. Úneste?

Como funciona

1.

Inscripción abierta hasta el 6 de Febreiro

2.

Descarga o dorsal en PDF

3.

Pulsa en el play

1. Unha vez formalizada a túa inscrición, recibirás un email co dorsal personalizado (nº e nome).

 

2. Desde o inicio da carreira o 18 de xaneiro e ata o o 7 de febreiro, poderás rexistrar as túas actividades deportivas.

3. Podes participar desde calquera lugar.

4. Recibirás un certificado dixital coa túa participación solidaria.

5. Visualizarás a túa clasificación persoal e por grupos.

6. Rexistra a túa actividade coa App Kinendu ou sincroniza o teu Reloxo ou App favorita.

7. Comparte unha foto nas túas redes sociais con #PequeñasSoluciones

8. Se tes dificultades ou dúbidas par rexistrar km. contacta con carreras@kinendu.com

DESCARGA A MINI-GUIA PARA REXISTRAR KM 

Sincroniza as túas plataformas

Colaboradores

Nos apoyan

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar tu navegación, adaptarse a tus preferencias y realizar labores analíticas. Al continuar con la navegación, consideramos que aceptas su uso. Política de Cookies