Carrera Escolar

#unmundopasoapaso

Convidámoste a unirte ao reto #unmundopasoapaso en favor de un mundo máis sostible.

O noso mundo está en perigo, pois sofre grandes problemas ambientais. Máis tamén cremos que todas as persoas, paso a paso, podemos contribuír a reducir eses problemas.

No CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis escollemos coidar a nosa contorna. Queremos substituír, en colaboración con diferentes entidades,a maior cantidade de árbores foráneas por outras de especies autóctonas. Bótanos unha man, ou mais ben un pé?

Se te unes ao noso reto as doazóns da volta ao mundo irán destinados a adquirir árbores que plantaremos nos montes de Cuntis. 

Descripción

É unha volta ao mundo virtual e solidaria, onde animamos a todas as personas a participar en favor dun mundo máis sostible.

Entendemos que con pequenas accións e a colaboración das personas podemos contribuír a mellorar a nosa contorna, e por extensión, o noso planeta. Cada un un paso, entre todxs moitos.

Convidásmote a que nos acompañes neste reto, unha volta ao mundo solidaria na que poderás correr, camiñar, ir en bicicleta, nadar, remar… e doar para que todos eses quilómetros se transformen en árbores que melloren ops montes de Cuntis.

Para a nosa volta ao mundo escollemos o itinerario da Expedición de Magalhaes- Elcano da que se cumple neste intre 500 anos.

No cole aproveitaremos este reto para coñecer o mundo, valorar a súa diversidade e reflexionar sobre o xeito no que foi coñecido e colonizado.

Cada paso que deas servirá para sementar un futuro mellor. Por iso a túa participación neste reto é importante.

Como funciona

1.

Inscripción abierta hasta el 31 de Maio

2.

Descarga o dorsal en PDF

3.

Pulsa en el play

1. Unha vez formalizada a túa inscrición recibirás un e-mail co dorsal personalizado (nº e nome)

2. Desde o inicio da carreira o 16 de outubro e ata o 1 de xuño poderás rexistrar as túas actividades deportivas.

3. Poderás participar desde calquera lugar.

4. Recibirás un certificado dixital coa túa participación solidaria.

5.Visualizarás a túa clasificación persoal e por grupos.

6. Rexistra a túa actividade coa APP Kinendu ou sincroniza o teu reloxo ou App favorita.

7. Comparte unha foto nas túas redes sociais.

8. Se tes atrancos ou dúbidas para rexistrar Km contacta con carreras@kinendu.com.

DESCARGA A MINIGUIA PARA REXISTRAR KM

Sincroniza as túas plataformas

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar tu navegación, adaptarse a tus preferencias y realizar labores analíticas. Al continuar con la navegación, consideramos que aceptas su uso. Política de Cookies